AS NOSAS CABANAS – Cabañas de Lires (Galego)

Convencidos de que moita máis xente compartiría con nós o gusto polo natural, o auténtico e a esencia en definitiva do rural… xurden así Cabañas de Lires….Polo esforzo e a ilusión de voltar a orixe, a nosa aldea, a Lires!

En Cabañas de Lires temos sempre presente esa orixe e por tanto temos como principal filosofía o respeto a natureza, a concienciación co medio, e o trato cercano co cliente, é sinxelo, tratamos os demáis como nos gustaría ser tratados. Outra das nosas paixóns son os animais, estes tamen forman parte de Cabañas de Lires, non en vano son benvidos dende a nosa apertura no ano 2005.

Convencidos tamén da gran frase: “as mellores cousas da vida non son cousas”, senón momentos, recordos, emocións, soños e ilusións…Invitámoste a compartir un boa experiencia en Cabañas de Lires!

Ademáis, poderás gozar dunha amplia zona axardinada con diferentes zonas de ocio, dende rincóns agradables para a lectura, descanso ou conversacións con calma; ata zonas de relax como pode ser tomar o sol ou darse uns baños na piscina.

Dispoñemos de 3 cabañas idénticas en distribución e servizos, só se diferencian nas cores da súa decoración e é por iso que as bautizamos así: “A Roxeira”, “Montené” e “Peralta” (azul, verde e laranxa, respectivamente) identificándoas con paraxes naturais que nos rodean como, o monte dende onde se divisa todo o mar (A Roxeira), a montaña que tenemos en frente (Monte Neme) e Punta Peralta (pedra alta- acantilado onde se perde a costa e comeza o mar) en ela divísanse unhas postas de sol espectaculares.

Son cabañas de primeira categoría, 3 chaves, as únicas a nivel nacional e certificadas coa Q de Calidade.

Cada cabaña dispón de 40 m2 de superficie habitable que se distribúen en:

  • Salón-cociña.
  • 1 habitación de matrimonio con posibilidade de engadir unha cama supletoria.
  • 1 baño.
  • 1 altillo ou baixo-cuberta con 2 camas de 90cm.
  • 1 porche cuberto.

Invitámosvos a facer un percorrido polo noso pobo, Cee (A Costa da Morte), parando en Cabañas de Lires.

Documental, "Lires, espíritu de superación", que constata como a unión fai a forza, así como, en Lires fumos pioneiros en Galicia do Turismo Rural, anteriormente denominado Agroturismo.