Condicións de uso – Cabañas de Lires (Galego)

Condicións de uso

RESERVAS

1.- Contacte con nós ben enchendo o formulario de reservas indicándonos datas de entrada, saída, prazas, ofertas de interese …e informarémoslle de forma detallada. Ou ben chámenos aos teléfonos 981 748 393 ou ao móbil 696 029 810, atenderémolo de forma personalizada e se o prefire tramitaremos a súa reserva enviando xustificante da mesma ao seu fax ou correo electrónico.

2.- Sendo a información recibida da súa conformidade e a reserva do seu interese procederemos a realizar a súa reserva (non antes). Para a súa confirmación en firme facilitarémoslle un nº de conta onde ingresar ou transferir nun prazo de 3 días o 30% do importe total dos servizos reservados. Se o prefire pode facilitarnos os datos da súa tarxeta de crédito. Confirmaremos o seu ingreso remitindo ficha de reserva ao seu fax ou e-mail.

3- En caso de anulación da reserva o establecemento resérvase o dereito ós seguintes porcentaxes de indemnización:

*O 50% do importe do anticipo cando a anulación se realice entre os 30 e os 7 días anteriores. Así mesmo, poderase optar por manter dito depósito para poder disfrutarlo nos 6 meses seguintes.
*O 100% do importe do anticipo cando a anulación se faga con menos de 7 días.

4.- Lembrámoslle que en caso de ter algunha incidencia que poida atrasar a súa chegada ao establecimiento máis tarde das 20:00 h., deberá comunicarse co mesmo nos teléfonos (+34) 981-748393 ou (+34) 696-029-810

5.- .Se desexa adiantar o día de saída deberá aboar o importe total dos días reservados, se ben, poderán ser aprazados os días non gozados a outras datas posteriores (incluídas nos seis meses seguintes).

NORMAS DE RÉXIME INTERIOR:

1.- O horario de día de entrada será a partir das 15:00 horas e o horario de saída antes das 12:00 h. do medio día salvo comunicación previa co establecemento.

2.- Á chegada ao establecemento deberán rexistrarse facilitando Documento de Identidade.

3.- A lencería das cabanas poderá renovarse se así o solicitasen para estancias superiores a 5 días

4.- * Agradecemos o bo trato do mobiliario e enseres, se se estropeou ou rompiu algo (entendiendo sempre nun uso axeitado) por favor comuníqueno, co motivo de que se non o observamos, os seguintes inquilinos atoparan o desperfecto.

5.- Non se permite fumar nas cabañas.